futuro
páxina en construción
Re-naturalización da ría sen Ence
A partir da análise do lugar e dos procesos e sistemas que o condicionan se artella un proxecto de rexeneración de todo o ámbito, tendo como premisa o equilibrio entre o seu valor ecolóxico e as actividades humanas. A proposta pode resumirse nas seguintes estratexias:
- Asúmese o traslado da fábrica fóra da ría e a recuperación de 31 ha de recheo que é devolto a ría. Aplicaríanse medidas de des-contaminación para recuperar o material do recheo nunha nova topografía.
- Modificación e humanización do trazado viario, mantendo a conectividade entre Pontevedra e Marín e do Porto. A PO-11 é trasladada cara o interior e o tramo de 300m que atravesa o núcleo de Os Praceres é soterrado. Mantense a conexión ferroviaria. O novo viario ten carácter de bulevar, mantendo dous carrís por sentido, mais con medidas de calmado, para reducir a velocidade a 30 Km/h.
- Xérase unha rede 5.6 Km de paseos peonís e arborados pola beira da ría
- Recupéranse as 4 praias de Lourizán, con 1.6 Km de areais, máis dúas xunqueiras na desembocadura dos regatos de Lourizán e Praceres.
- Rexeneración dos núcleos de poboación do ámbito, incorporando novos espazos públicos e dotacións en Praceres, A Igrexa, O Rozo ou o Sartán.
- O corredor verde de Lourizán se integraría nunha infraestrutura verde municipal, conectando co ENIL do río Tomeza creando itinerarios de gran valor paisaxístico e cultural.
Plano xeral da proposta, superposición co estado actual. Desliza a barra para ver o antes e o despois.
- [1] O soterramento das vías de acceso ao porto e a Marín é un elemento imprescindible para a rexeneración ambiental do núcleo de os Praceres e a humanización praza da Igrexa de Santo André. Tamén se mellora a seguridade peonil respecto ao paso a nivel do tren e incorpórase un equipamento social.
- [2] Nova fronte marítima para o barrio de Os Praceres, que recupera o carácter de península e a praia.
- [3] Zonas de marismas na desembocadura dos regos do Rozo e Pazo de Lourizán. Aproveitamento dos servizos ecosistémicos da xunqueira, coma a retención en períodos de choiva intensa para protexer o banco marisqueiro e a purificación da auga.
- [4] A funcionalidade do viario é unha das premisas máis importantes da proposta. O trazado do ferrocarril non se modifica. A autovía e substituída por un bulevar con dous carrís por sentido pero cun carácter máis urbano, introducindo medidas de calmado de tráfico, pasos peonís, aparcadoiros e circulación de bicicletas na propia calzada. A accesibilidade ao porto está asegurada e a incidencia en tempos non supera os dous minutos en todo o ámbito respecto a situación anterior. Nos núcleos de Os Praceres e a Igrexa mantense a vía actual cun carácter máis local. No primeiro caso, a vía de acceso ao porto vai soterrada.
- [5] Os cómaros que avanzan cara a ría teñen coma principal función reter a franxa dos areais coa marea chea. A súa orientación conforma un eixos que converxen na terraza principal do Pazo de Lourizán coma referencia a importancia deste elemento patrimonial na historia da zona.
- [6] Sistema de praias e dunas, con diferentes orientacións (noroeste e nordeste) para mellorar a incidencia do sol e protección aos vento cando sexa necesario
- [7] A modificación do trazado do viario permite gañar un espazo no acceso ao Pazo de Lourizán para o que se propón un xardín arredor dun estanque de auga, coma referencia ao tempo cando a ría chegaba ata o mesmo límite do Pazo antes do recheo.
- [8] Zona de marisma na desembocadura dos regos de Os Praceres. Aproveitamento dos servizos ecosistémicos da xunqueira, igual que nos regatos da praia central (entre o Sartán e o Pazo).
- [9] Constrúese unha nova topografía, inspirado nos sistemas dunares e litorais. Intercálanse suaves promontorios e outeiros con chairas . Deste xeito a percepción da paisaxe non é homoxénea senón que se crean múltiples perspectivas, facendo o percorrido máis interesante.
- [10] A nova topografía, permite, ademais, reciclar no mesmo ámbito o material do actual recheo, reducindo a pegada ecolóxica e o impacto ambiental do traslado en camións. As fases do proxecto contemplan períodos paulatinos de descontaminación in-situ mediante procesos naturais.
Vistas: antes e despois
As seguintes vistas mostran o antes e o despois da re-naturalización da Ría de Pontevedra, no ámbito actualmente ocupado por Ence en Lourizán, a fábrica de pasta de papel que ocupa o Dominio Público Marítimo Terrestre dende o ano 1958 cuxa concesión tiña que ter expirado no ano 2018.
Usa a barra vertical para desplazarte polas imaxes do antes e o despois