participación

páxina en construción

Presentación teatro principal

O 18 de maio de 2023 fíxose unha presentación pública do Proxecto de re-naturalización de Lourizán nun evento aberto no Teatro Principal de Pontevedra organizado pola Asociación Pola Defensa da Ría. A esta presentación asistiron…

Marcha pola defensa da ría

O 25 de xuño de 2023 a Asociación Pola Defensa da Ría convocou unha nova “Marcha contra Celulosas”, baixo o lema “Non Renunciamos a un Futuro sen Ence na Ría”. Foi a primeira marcha anual tras a anulación, por parte do Tribunal Supremo, da…

Exposición

No marco do 10º Congreso Internacional de Decrecemento, a Asociación Pola Defensa da Ría, en coordinación coas materias da Escola de Arquitectura, organizaron unha Exposición cos materiais realizados para o Proxecto de Re-naturilización de Lourizán. A exposición…

Presentación Teatro Principal

O 18 de maio de 2023 fíxose unha presentación pública do Proxecto de re-naturalización de Lourizán nun evento aberto no Teatro Principal de Pontevedra organizado pola Asociación Pola Defensa da Ría. A esta presentación asistiron o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores,  varios concelleiros e concelleiras, representantes de asociación sociais, e por suposto unha gran cantidade de cidadáns. A presentación contou coa intervención do alumnado das materias implicadas, que foron explicando en detalle cada aspecto da análise e o do proxecto.

Marcha Pola Defensa da Ría

O 25 de xuño de 2023 a Asociación Pola Defensa da Ría convocou unha nova “Marcha contra Celulosas”, baixo o lema “Non Renunciamos a un Futuro sen Ence na Ría”. Foi a primeira marcha anual tras a anulación, por parte do Tribunal Supremo, da sentenza que declaraba ilegal a extensión da concesión do uso de solo público que o goberno estatal (con Mariano Rajoy como presidente) concedera no ano 2016. O proxecto de re-naturalización de Lourizán aportou unha visión para o futuro sen a fábrica como alternativa do relato autoritario e extrativista das elites económicas. O coordinador do proxecto foi o encargado de redactar e ler o manifesto da marcha deste ano, o cal pode consultarse neste enlace: Manifesto Pola Defensa da Ría 2023.

Exposición Re-naturalización de Lourizán

No marco do 10º Congreso Internacional de Decrecemento, a Asociación Pola Defensa da Ría, en coordinación coas materias da Escola de Arquitectura, organizaron unha Exposición cos materiais realizados para o Proxecto de Re-naturilización de Lourizán. A exposición inaugurouse o 18 de xuño de 2024 na planta superior da Praza de Abastos de Pontevedra. Nos meses seguintes programouse unha itinerancia da mesma, que comezará nos concellos da ría, en Marín e Poio.  

Participa

Podes apoiar a iniciativa para a rexeneración paisaxística e re-naturalización da ría de Pontevedra no ámbito de Lourizán de diferentes formas:

  • Participando nos eventos programados, coma charlas, exposicións ou a gran marcha anual pola defensa da ría. A mellor información deste eventos pódense consultar na web da APDR
  • Difundindo o proxecto, compartindo esta web así coma as información da Asociación Pola Defensa da Ría
  • Aportando ideas, propostas ou lembranzas sobre Lourizán e a ría de Pontevedra. Podes facelo a través do seguinte formulario.